O día 20 de maio visitamos o instituto Ramón Otero Pedrayo de A Coruña onde tivemos a nosa primerira experiencia con adolescentes. Atopámonos con 70 nenos de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, todo un reto para nós, que empezamos organizando un roteiro para 15 persoas adultas.
Toda esta experiencia foi grazas a Daniel, un alumno do centro que participa con frecuencia no noso perfil de Facebook. Grazas a el contactamos cunha profesora, Maca, con quen conseguimos organizar a visita. Foi para nós unha gran experiencia. Pasámolo xenial cos rapaces e portáronse moi ben. Marchamos de A Coruña moi contentos e con moito ánimo xa que tódolos alumnos dixeron que lles gustara e mostraron moito interese por todo o que lles contamos.
Colaboraron nesta activadade moitos membros da Agrupación Astronómica Ío, con quen contactamos grazas a Borja, un dos membros da agrupación.