Entrega de premios do I certame artístico ‘Apaga unha luz, acende unha estrela’

O xoves 7 de xullo de 2011 fixemos entrega dos premios do I certame artístico ‘Apaga unha luz, acende unha estrela’. O acto tivo lugar no paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela ás 20:00 horas.

Malia que a xornada non durou moito (cousas do directo), transcorreu nun ambiente distendido no que participaron: Noelia López (Voceira do PDS nesta ocasión), quen presentou á Oficina do Plan de Desenvolvemento Sostible da USC e o proxecto no seo da mesma da USC en Transición; Juan M. Monterroso Montero (Decano da Facultade de Xeografía e Historia) quen presentou o acto e entregou un dos premios; e dous dos patrocinadores do concurso: Manolo Boquete (Garum Bistró) quen entregou o segundo premio e Mireia Lareo (Unitenda) que foi a encargada de entregar un dos accésit.

Podes ver a entrega en Youtube: http://www.youtube.com/user/calidadedoceo#p/a/u/1/ylJQTMOBY-8

Os traballos que resultaron premiados foron dous relatos magnificos, unha poesía moi boa e unha videomontaxe moi creativa. Así os traballos premiados foron:

  • PRIMER PREMIO: “El futuro de las estrellas”. Isaac Vázquez Barro.
  • SEGUNDO PREMIO:”Hágase la luz y la luz se hizo”. Beatriz López Giráldez
  • 1ºACCÉSIT: “La música de las esferas”. Roque Lazcano Vázquez.
  • 2ºACCÉSIT: “La confianza en el vacío”. Adriana Figueiras Duarte.

Con este acto péchase definitivamente o I Certame Artístico “Apaga unha luz, acende unha estrela” coa esperanza e os desexos pola nosa parte de que tivese sido de proveito para todos aqueles que dalgún xeito se visen implicados no seu desenvolvemento (dende aqueles que nos apoiaron e patrocinaron ata os mesmos concursantes). Dende logo para nós foi moi proveitoso e sobretodo gratificante; polo que non perdades de vista o noso fabebook e wordpress, xa que repetiremos certame!.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s