O 2 de marzo de 2012 presentamos o proxecto IACO no IES Ramón Otero Pedrayo de A Coruña.
A actividade nocturna deste venres foi unha actividade completa pola que os responsables dela, mestres do insituto, merecen un gran recoñecemento. Os rapaces e rapazas de 1º e 4º da ESO puideron desfrutar dunha noite con chocolate e telescopios, ademáis de dúas charliñas de 15 minutos.
A noite estivo nublada (xa é mala pata pois leva o ceo despexado unha boa tempada) e non se pudo desfrutar da actividade ao 100%, pero o certo é que con estes rapaces sempre acaba saíndo algo bo porque participan e desfrutan do que hai.
Nesta festa á que nos invitaron estaban os nosos amigos da Asociación Astronómica Ío e foi Borja, membro dela, o encargado de empezar a actividade falando do planeta Marte. Despois nós explicamos brevemente o concepto, as causas e as consecuencias da contaminación lumínica e terminamos presentando o proxecto IACO no que esperemos participen.
Recordamos para todo o mundo que lea esto e en especial para os alumnos e alumnas deste instituto que ESTAMOS Á VOSA DISPOSICIÓN PARA FACER AS MEDICIÓNS DE CONTAMINACIÓN LUMÍNICA E EXPLICARVOS NA RÚA O QUE COMENTAMOS NAS CHARLAS E NOS NOSOS MEDIOS DE DIVULGACIÓN.
Pasouse moi ben a noite!!!
Grazas Paula. Para a próxima sairá mellor!