Buscando no ceo

XOGUEMOS!!!

Esta imaxe do Stellarium corresponde ao ceo dunha noite calquera. Se recoñeces constelacións a simple vista olvida todo o que sabes  e se non as recoñeces non pasa nada, xoga e pásao ben.

O xogo consiste en que na seguinte imaxe busques e recoñezas figuras do noso mundo actual (pincha nela para facela grande). Se queres podes descargar a imaxe e editala pintando as figuras e unións que estás a ver e se nola envías por correo podemos compartila aquí con todos.

Cando teñas claro algunhas imaxes pincha aquí e aparecerá o mesmo ceo coas constelacións oficiais actuais e as figuras que veían os nosos antepasados astrónomos. (Tamén podes comparar coa visión dos exipcios aquí. E se tes o Stellarium (podes descargalo de balde de internet) podes mirar doutras civilizacións!! Aztecas, chineses…)

Obxectivo: gustaríanos que este xogo desperte a vosa curiosidade e que calquera noite, en calquera lugar, levantedes a cabeza para observar o ceo e descubrir un mundo que en moitas épocas e civilizacións foi o lenzo onde se pintaron lendas e noutras moitas foi motivación para a evolución da ciencia.

E por suposto, podes enviar outras suxerencias de anacos de ceo que non sexan este.

¡Grazas por participar!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s