Crise enerxética

Aquí hai unha mensaxe para ti.

Inisistimos sempre moito que a loita contra a contaminación lumínica vai moito máis aló do simple feito de ver as estrelas. Iluminar eficientemente é facer un uso responsable da enerxía e dos recursos necesarios para producila. Esta entrada está adicada ao consumo enerxético, ao noso modo de vida e ao peak oil  (pico do petróleo) ou, como xa manteñen moitos expertos, o crash oil ou crash do petróleo ou crise do petróleo.

Despois da mensaxe anterior, deixamos á vosa disposición unha páxina moi interesante sobre a crise enerxética: http://www.crisisenergetica.org/. Nela podedes atopar moitas novas e enlaces a blogs con información e opinións sobre a enerxía, o seu consumo e á súa produción.

Por se algún aínda non o sabe, o noso proxecto nace no seo de USC en Transición e este, á súa vez, nace debido a unha iniciativa internacional de comunidades en transición que xorde polo problema do pico do petróleo.

Se vos fixades nas datas dos enlaces que imos poñendo moitas son do ano pasado. Se profundizades máis no tema atoparedes moita información de aínda anos máis atrás. Pero hai moita xente e moitos expertos que continúan denunciando que o noso modo de vida, o gasto actual de enerxía e a dependencia que temos de combustibles finitos lévanos por un camiño sen retorno que vai provocar, e está provocando, unha crise máis que económica e que para saír desta hai que empezar a actuar canto antes.

Dende Valladolid unha serie de investigadores escribiron unha carta aberta ao presidente do goberno. Nela insisten na necesidade de invertir en investigación e tecnoloxía enerxética para cambiar a situación (os cartos que se aforren facendo un uso responsable da enerxía poderían invertirse nestas investigacións). Avisan tamén de que non todas as alternativas que se empezan a usar para extraer petróleo son unha boa solución, sobre todo polo prezo ambiental e polo dano a outras actividades económicas.

A carta.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s