Unha das palabras máis bonitas da nosa lingua aportada por un momento do día no que o ceo é especial e romántico. Esta apareceu xunto con morriña e outras nun famoso anuncio sobre Galicia (que ten unha segunda parte):
Luscofusco: Momento do día, entre o día e a noite, en que a luz desapareceu case por completo e as cousas se perciben como sombras. Amparándose nas sombras do luscofusco entráronlle na casa. sin. anoitecer , bocanoite , cerrada da noite, cerradiña da noite, cerrado da noite, noitiña, xunta da noite . 2. Momento do día, entre a noite e o día, en que a primeira claridade permite distinguir as cousas coma sombras. Ao luscofusco, xa cantaran os galos, abandonaban o lugar. ◆ sin.lusquefusque.
2 thoughts on “Luscofusco”