Volvemos co traballo do noso amigo Jorge Murillo. A súa inspiración e o protagonismo do ceo nas súas obras son moi emocionantes e non é xusto que as protagonistas de moitas das súas obras, as estrelas, non sexan libres de exercer de modelos de Jorge e outros artistas por mór da contaminación lumínica.