Globe at Night 2013

Empezamos o ano moi forte. Dende hoxe comeza un primer periodo de medidas de contaminación lumínica para o proxecto Globe at Night. Un ano máis queremos recordarvos esta iniciativa e animarvos a participar.

Para que non o saiba aínda Globe at Night é un proxecto internacional no que participan científicos expertos, astrónomos efeccionados e todo tipo de xente que gosta da noite e de protexer o patrimonio natural e cultural, como é o ceo nocturno, para medir e loitar contra a contaminación lumínica.

Participar é moi sinxelo. Nin sequera é necesario saír de casa, é suficiente con asomarse á fiestra.Tedes que ir ao apartado Oberserve! da páxina Globe at Night e descargar o material necesario para facer as medicións na campaña actual. Por exemplo, se queremos facer medicións hoxe, día 3 de xaneiro, descargaremos o material de Orión na lingua que queiramos. Agora só hai catro idiomas, pero nos próximos días estará dispoñible o material en galego e español. O pdf que se descarga ten tódalas instrucións necesarias, pero explicamos algunha cousiña máis para animarvos e que ninguén se perda.

Observacións 2012
Observacións 2012

Tedes que anotar na folla que descarguedes ou noutra os datos que se piden: data, hora e lugar de observación. Para o lugar de observación pídense as coordenadas. Non vos alarmedes, tendo claro onde estades no momento da medición podedes consultar as coordenadas no Google Maps por exemplo, xa cando volvades a casa e teñades un chocolatiño quente ao carón. Aínda que máis adiante falaremos de novo disto, que igual non é necesario nin apuntalo.

Despois de anotar os datos poñede a folla no sentido que vos marcan. España está no Hemisferio Norte, polo tanto tedes que seguir as intrucións correspondentes (en inglés: Northern Hemisphere View) e ter en conta no mes que estamos (January é o noso xaneiro, February é febreiro e March é marzo). Unha vez posta a folla como é debido só tedes que buscar a constelación no ceo (en xaneiro Orión) e marcar o debuxo da folla que máis se parece ao que tedes diante. ¡OLLO! Se acudides en grupo a facer a medición tede en conta que cada un ten o seu propio ollo e cada quen apreciará unha imaxe diferente, así que non vos copiedes, que cada un apunte o seu.

Se non subides os datos obtidos dende a nova app móbil, ao chegar a casa tedes que ir a Report na mesma páxina e completar os datos na web. Non olvides apuntar e fixarte se o ceo está nubrado ou non (interesan as nubes que están arredor da constelación). Como podedes ver aquí, hai un mapiña pequeño de Google Maps onde tedes que marcar dende onde está feita a observación, así que se non tedes apuntadas as coordenadas non pasa nada, Google Maps fai o traballo por nós.

Nada máis. Aquí estamos para calquera dúbida e para participar, se podemos, con vós. Non dubidedes en contactarnos.

¡PASÁDEO MOI BEN! E se saídes á rúa para participar… ¡IDE ABRIGADOS!

Advertisements

4 thoughts on “Globe at Night 2013

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s