Esta é unha palabra moi usada en astronomía e tamén en temas relacionados coa contaminación luminosa. Comprender este concepto é importante e axuda a entender moitas das cousas que se fan relacionadas coa contaminación luminosa. Proxectos como Globe at Night e IACO baséanse neste concepto para os procedementos de medición de contaminación luminosa que usan.
Magnitude: 1. Calquera característica dos corpos, que se pode expresar en cantidades, coma o peso, a lonxitude etc. A altura é unha magnitude. 2. Fís. Medida convencional da luminosidade das estrelas. Magnitude aparente ou absoluta. 3. fig. Grandeza ou importancia dunha cousa. Un acontecemento de gran magnitude. cf. dimensión , proporción.


É importante saber que a magnitude dunha estrela, ou dun corpo celeste calquera (planetas, galaxias…) fai referencia á cantidade de luminosidade do seguinte xeito: canto menor magnitude ten unha estrela máis brilla. Ou ben: canto máis brilla unha estrela menor é a súa magnitude. Outra maneira de dicilo: a máis magnitude, menos brillo.
Así por exemplo, a estrela máis brillante, o Sol, ten unha magnitude de -26,8. Coidado logo, pois as magnitudes poden ser negativas. A segunda estrela máis brillante do Hemisferio Norte, Sirio, ten unha magnitude de -1,5.
3 thoughts on “Magnitude”