Remata xaneiro e comezan dúas campañas novas de loita contra a contaminación lumínica.
A primeira parte de Globe at Night (GaN) xa tivo lugar fai uns días. Del falamos entón e agora volvemos facer unha chamada para que participedes. Nós xa o fixemos dende Santiago de Compostela e volveremos participar esta vez se veñen noites sen nubes.
Nesta segunda parte de GaN xa temos á nosa disposición a documentación necesaria en galego, que podedes descargar aquí, onde pon Galician. Agradecemos dende aquí a Salva Bará os esforzos feitos para ter esta tradución.
E tamén empeza xa a campaña de IACO. Tentaremos facer algunha actividade para a segunda parte da campaña, en marzo, e poñémonos á vosa disposición para calquera proposta ao respecto (se alguén quere e podemos, tamén se pode tentar nesta semana xa).
De momento nada máis. Animarvos a participar nestes proxectos e contade con nós para o que necesitedes.
Gozade da noite!
4 thoughts on “IACO e GaN”