Esta semana empeza marzo e, con el, o segundo periodo de toma de medidas para IACO 2013. Anímate a participar, é moi sinxelo. Na páxina de IACO están as instrucións, pero se tes algunha dúbida ou queres organizar algunha actividade con nós non dubides en contactarnos.
Unha pequena aclaración respecto á noticia publicada por El Correo Gallego e que encabeza esta entrada: nós nacimos e temos relación coa Oficina de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Universidade de Santiago de Compostela, pero oficialmente non somos un grupo pertencente á universidad. Simplemente temos unha boa relación, tentamos colaborar e pertencemos á lista de grupos en transición incubados pola ODS.