O reloxo interno

Xa falamos nunha entrada dos ritmos circadianos e nesta entrada volvémolo facer; pero desta vez non o imos facer nós directamente, senón que vos imos deixar co gran Punset. Moitas grazas dende aquí a Luiscar por compartir isto no noso Facebook.

No episodio que enlazamos aquí de Redes, Punset fala con Till Roenneberg (experto en ritmos circadianos) da importancia que ten para nós o roloxo natural que ten instalado o noso organismo e que se coordina coa luz solar.

Na entrevista non se fala de contaminación lumínica, pero queda clara a importancia que ten os ciclos de luz e escuridade para nós. Ademáis queremos salientar que o tipo de luz tamén inflúe, por iso cando se fala de contaminación lumínica moitas veces se falan dos distintos tipos de luz en función da súa cor. Till Roenneberg di:

A intensidade lumínica non é o único factor importante. O bo é que a bioloxía interpreta a luz tamén en función da cor.

Por exemplo, nun día soleado no exterior, atoparemos moita máis luz azul que na maioría de lámpadas que tiñamos ata fai pouco nos interiores. Agora dispoñemos de lámpadas que poden xenerar luz azul incluso durante a noite, de modo que o reloxo biolóxico pensa que segue sendo de día.

A última frase deste experto en ciclos circadianos é demoledora:

O tempo interno, que detecta a luz solar, imponse sobre o tempo social.

E xa para que non dubidedes en ver o programa… FALA DOS GALEGOS!

http://www.rtve.es/television/20130411/punset-redes-reloj-llevamos-dentro/637060.shtml

Advertisements

One thought on “O reloxo interno

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s