NATURA 2000 DAY
O día 21 de maio celébrase o día da Rede Natura 2000. Esta rede é un conxunto de espazos naturais protexidos da Unión Europea. En Galicia temos un total de 63 zonas pertencentes á Rede Natura (14 deles de especial protección para aves e 59 son lugares de importancia comunitaria). As Fragas do Eume, a Costa da Morte, os canóns do Sil, a Serra do Xistral, Pena Trevinca, a Baixa Limia, o Baixo Miño, as Illas Cíes e as Ons son algúns exemplos destes espazos.
Creada o 21 de maio de 1992 chega ata os nosos días alternando boas e malas novas. Cambios de leis que permiten facer pistas de servizo ou que pasen cables eléctricos por elas, incendios que acaban con hectáreas de espazos de gran valor ecolóxico e petroleiros afundido varios (Polycommander, Mar Exeo e Prestige) son exemplos de cousas que NON se poden permitir. E por suposto, cando un accidente ocorre e non se pode evitar, hai que recuperar o espazo natural perdido.
A Rede Natura necesita do apoio de todos para sobrevivir, por iso nace esta iniciativa de SEO/BirdLife. A súa invitación para participar é a seguinte:
Os invito a apoyar nuestra campaña de concienciación sobre los espacios naturales protegidos de la red Natura 2000, dentro del marco de un proyecto financiado por el programa LIFE+, de la Unión Europea. Con la colaboración de la Comisión Europea, estamos preparando el primer ‘Día Europeo de la red Natura 2000’ para el próximo día 21 de mayo. Esta cita se celebra en España por primera vez a modo de prueba, como una acción del proyecto LIFE, pero queremos que en el futuro sea una cita anual en toda la Unión Europea.
Entonces de SEO/BirdLife (y vosotr@s) depende el éxito de esta cita. A ver si decimos alto y claro al resto de Europa, que por lo menos para algunas cosas, España saber poner el listón bien alto!
Nós apuntámonos á iniciativa e esperamos que, máis pronto que tarde, a protección do ceo escuro na Rede Natura 2000 sexa un motivo máis de loita en favor destes espazos naturais. Aínda que non todos eles teñen instalacións de luz, a contaminación lumínica dos arredores aféctanlles igualmente. A contaminación lumínica de Vigo afecta ao ceo ata o faro grande das Illas Cíes, por exemplo. Así que aproveitamos esta ocasión para reivindicar e animar a outras asociacións a que a ausencia de contaminación lumínica nos espazos da Rede Natura 2000 sexa obligatorio para protexer o ceo escuro, os ecosistemas e non influir nos ritmos e ciclos que a noite e o día establecen nos seres vivos.