Recordade esta palabra: magnitude.
Hai diferentes formas de medir a contaminación lumínca. Xa vos falamos algunha vez das campañas de Globe at Night e de IACO, durante as cales a contaminación lumínica é medida por conteo de estrelas. Deste xeito o que conseguimos é ter medidas comparables feitas dende diferentes puntos e tamén poñer un criterio polo que todos nos podemos facer unha idea da contaminación lumínica do lugar. Despois hai outros métodos máis profesionais usando telescopios, cámaras CCD e técnicas de fotometría, dos cales probablemente falaremos outros días. E tamén hai unha maneira de medir a contaminación lumínica dunha maneira case profesional cun aparello chamado SQM (Sky Quality Meter). Este aparello é moi sinxelo de usar, o máis simple de todos úsaso apuntando ao zenit (o punto que está xusto enriba de nós) e premendo un botón. Agora hai outros modelos que funcionan conectados a un ordenador por USB.
Este último modelo foi o que usou o noso amigo Borja Tosar para medir a contaminación lumínica na Coruña e esta entrada vai adicada a el a ás súas medicións. As súas medidas pódense consultar aquí, na páxina de Borja. Os datos son actualizados periodicamente e de momento nin hai nin sabemos se haberá intepretación dos resultados, pero esperamos que si.
Simplemente comentar que canto máis magnitude máis escuro está o ceo. Para ler as gráficas tede en conta os periodos de luscofusco e, aínda que parece que neste caso non se nota moito, a actividade humana soe influir: densidade de tráfico, luces que se apagan despois de certa hora…
Desfrutade do traballo de Borja e se alguén que facer algo parecido, ou xa o fai, e quere compartilo con nós, aquí estamos.
Bo traballo Borja!!
Grazas, a ver se medindo a oscuridade do ceo conseguimos advertir a xente da gran perda que supon o contaminacion luminca das cidades, a perda dos ceos estrelados… unha aperta! 😉