Medramos e melloramos con vós

Hai un anaco publicamos de novo a nosa primeira entrada neste blogue: ¿Queres saber que é a contaminación lumínica? Lonxe queda xa ese febreiro de 2011 cando decidimos empezar esta aventura na rede, despois de establecernos coma un grupo estable de loita contra a contaminación lumínica nado no seo da Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC.

E a piques de cumprir anos, en 2014 serán 3, aínda que a idea si que xa ten os tres anos, queremos compartir con vós a ledicia que sentimos de que a nosa mensaxe chegue a vós. Hai moitos seguidores que permanecen en silencio e no anonimato, pero que de súpeto nos sorprenden dando mostras dunha concienciación asombrosa que nos fai seguir medrando e mellorando no noso labor.

Este sentimentalismo nace porque nesta semana que acaba, unha persoa que non imos mencionar salvo que nos pida o contrario, pediunos uns consellos sinxelos para o alumado dun aparcadoiro no polígono coruñés Pocomaco. Recibir tal petición e ver que hai xente que responde ante esta problemática é un premio para nós, así que, moitísimas grazas por escoitarnos, atendernos e contar con nós.

Son moitas as cousas que nos fan seguir para adiante: o recoñecemento que persoas importantes fan do noso traballo de diferentes xeitos, como Borja e Maite en LinkdIn, que a xente de IACO nos elixan para coordinar o proxecto en Galicia, que asociacións como SEO/BirdLife teñan contacto con nós… Tamén os vosos “gústame” e comentarios en Facebook, fotos e novas que compartides na nosa conta de Twitter… Pero entre todo isto, que vós, individualmente, tomedes a inciativa xa non só de concienciar a outras persoas, se non de pasar á acción, é algo que nos enche de moita forza para continuar.

Así, se nesa primeira entrada poñíamos que a contaminación lumínica era un problema moi descoñecido na nosa sociedade, hoxe en día, case 3 anos despois, sabemos que xa non é tan descoñecido e que somos moitos os que queresmos solucionar o problema da contaminación lumínica.

Tamén queremos aproveitar a acción desta persoa para animarvos a solicitar iluminación eficiente nos vosos postos de traballo e nos lugares públicos e privados que usades habitualmente. Ás veces calamos pensando que ninguén nos vai a apoiar, pero o certo é que hai máis xente que pensa coma nós.

De novo, grazas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s