¿Por que ninguén o bota de menos?

Comezamos 2014 con moitas ideas e moita forza. Esperamos ter máis tempo para sacar todo adiante. ¡FELIZ ANO!

Acaba un ano e empeza outro, así que nada mellor que empezar falando da morriña, no que os galegos somos considerados uns expertos. Atribúesenos un algo especial niso de botar de menos, pero é habitual escoitar a calquera persoa do mundo dicir que bota de menos o son das ondas do mar, a brisa da montaña, a area da praia, o barullo da cidade, o perfil das montañas ou horizonte infinito. Hai quen bota en falta o frío ou a calor, a comida da avoa ou da nai, a vila da infancia ou da adolescencia.

Fonte: http://www.laverdad.es/murcia/20091209/murcia/farolas-roban-estrellas-20091209.html
Fonte: laverdad.es

A xente sempre fala diso que lle gusta e que busca: silencio, recendos, cantos, sons, paixases… Pero… ¿Por que ninguén bota de menos o ceo escuro? ¿Por que vemos normal a búsqueda dun lugar silencioso onde escoitar os paxaros ou o mar? ¿Por que non botamos de menos a presenza das estrelas e da vida nocturna salvaxe? ¿Por que non coidamos da nosa saúde alumando mellor? ¿Por que non botamos de menos unha correcta iluminación?

Esperamos que este 2014 sexa un ano no que moitos máis se sumen aos que estamos concienciados de que cun pequeno esforzo podemos alumar mellor para vivir mellor.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s