Queremos insistir en que a contaminación lumínica non afecta só á astronomía, tamén afecta aos seres vivos. Unha mostra de que a luz artificial afecta á saúde a aos habitos dos animais son as granxas de polos. Nelas utilízase a luz artificial para favorecer o engorde rápido das aves para comercializalas canto antes.
A influencia é tal que se estudan diferentes tipos de iluminación e as horas están limitadas pola lexislación europea, como se pode ler neste artigo: Programa alternativo de luz para pollos.
A aparición da tecnoloxía LED propiciou novos estudos: Impacto de la iluminación artificial sobre la producción de pollos.
Actualmente moitos animais salvaxes e libres viven permanentemente baixo iluminación artifical, sobre todo aves. Os efectos que se observan nas granxas son extrapolables a estos animais.