Touro + Actuel = Teruel

File:Bandera de Teruel.svg

Falamos no seu día da relación de Compostela coas estrelas, plasmado nun libro de Paulo Coelho e recordada na nosa campaña Sabias que… Hoxe traemos un símbolo que tamén relaciona un lugar co ceo estrelado: a bandeira de Teruel, que ten como símbolos un touro e unha estrela. A cidade foi fundada en 1171 polo rei Alfonso II nun alto onde, segundo a lenda, un touro muxía  mentres sobre el resplandecía unha estrela, chamada Actuel. Ese lugar é no que actualmente está a praza central de Teruel, a Plaza del Torico.

Especúlase que esta estrela, Actuel, é a Supernova do Cangrexo, vista na Terra en 1054. ¿Poderíamos estar ante un símbolo que decumenta un suceso astronómico? (Considerando que a precisión dos anos dados non é exacta). Dende logo non sería a única documentación deste tipo, recórdese este Sabias que… sobre o tapiz de Bayoux.

E como curiosidade a seguinte viñeta sobre o emplazamento e fundación de Teruel, onde vemos que a estrela é unha das protagonistas, cousa que hoxe sería pouco probable:

teruel_fundacion

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s