Seguridade vial e iluminación

Esta é a primeira publicación de dúas ou tres que van traer polémica, pero que é preciso tratar.  Atopámonos cunha nova en El País, na edición de Madrid, co titular: Fomento apaga las farolas de 100 kilómetros de autopistas. Esta nova trae consigo a opinión de moita xente e a interpretación de datos. Nada en contra disto, salvo que na maioría dos casos isto estase a facer con moi pouco rigor e, sobre todo, creando medo e inseguridade na cidadanía sen motivo.

Chama a atención na nova (que podedes ler premendo no titular no parágrafo anterior) que se fala de datos de mortandade “alegremente”; pero en ningún momento se indica se as mortes se producen de día ou de noite. Tampouco se valoran outras variables coma número de carrís, densidade de tráfico ou estado da estrada, por exemplo… Hai unha carencia de rigurosidade moi alarmante. De feito lemos nesta nova de Ponle Freno o seguinte:

En cuanto al perfil del fallecido en accidente de tráfico, “no se trata del joven conductor inexperto, como se acostumbra a pensar, sino que el 51% de las víctimas tiene más de 45 años”, según apunta la directora de la DGT y añade que  “la movilidad de los trabajadores les expone al riesgo. Así que la implicación de las empresas con la seguridad vial no es un coste, es una inversión. Lo más preciado de una empresa es el capital humano”. Y añade: “el 75% de fallecidos por accidentes de tráfico se concentran entre las 8 de la mañana y las 8 de la tarde. El 64% de lunes a viernes. Lo que apunta que muchos accidentes son para ir y venir del trabajo”.

Falan na nova inidicada inicialmente de homoxeneidade, obviando por completo que en moitos casos esta conséguese apagando luces, coma por exemplo nos arredores das áreas de servizo das autoestradas, onde un se atopa cun montón de luz despois de vir da escuridade. Outra solución neste caso sería introducir iluminación poquiño a pouco, de menor a maior intensidade, pero dende logo non como se fai, que provoca máis cegamentos que outra cousa. Outra maneira de favorecer a homoxeneidade é enfocar ben todas as luminarias que están preto das estradas e autoestradas, que son numerosos os focos de luz que encandean aos condutores, que é o que realmente afecta á seguridade vial.

Por outra banda non se comenta nada dos reflectores que se poñen normalmente nas vías con certo tráfico para que nos guiemos con facilidade.

luces_noche

¿E que hai da mellora dos faros dos vehículo? ¿E da adecuación da velocidade da marcha ás condicións ambientais? Fonte: http://juanjogabina.com/2009/04/15/la-cultura-del-perdedor-se-basa-en-la-urgencia/

Tamén sería necesario neste caso falar das cores das luces e da repercusión destas na nosa percepción. As luces frías, as branco-azuladas, son luces que non se deben utilizar no exterior, pois espállanse ata moi lonxe e reflíctense con forza en todas as superficies. As mellores luces son as de cores cálidos, entre vermello e amarelo, que cegan menos, entre outros beneficios. O que teñen estas luces é que non nos permiten percibir con claridade todo o espectro de luz e, polo tanto, de cores, polo que perdemos nitidez na visión. Así pois, é moi problable que moita xente perciba mellor unha luz en movemento na escuridade, que unha luz dun móbil dun ton parecido á luz ambiente.

Alumar máis non significa ver mellor e non é necesario escudarse no robo de cobre para apagar luces e aforrar cartos. O que hai que facer é explicar as cousas e alumar mellor alí onde é necesario: presenza de peóns, alta densidade de tráfico (nas horas onde isto sexa así), cruces con pouca visibilidade…

Sobre seguridade vial e rotondas existe este estudo que non conclúe que a iluminación delas reduza os accidentes: The lighting of rural roundbouts.

One thought on “Seguridade vial e iluminación

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s