Ikea leva moito tempo publicitando a iluminación LED dun xeito bastante agresivo. Xa sabedes que no exterior nada de nada, polo de agora. Pero desta vez é necesario pararse un anaco na súa publicidade, que descubrimos grazas a Salvador Bará a través dun foro da asociación Cel Fosc.
Non imos discutir en absoluto a mellora na calidade de vida que trae consigo a luz artificial, pero, coma todo, é bo nas dosis adecuadas e, coma sempre, é necesario desmontar algúns mitos que se xeralizan en torno a un tema, neste caso a iluminación e a seguridade.
A publicidade de Ikea nesta páxina é a seguinte:

Na páxina onde explican a iniciativa din moitas cousas certas e que compartimos, todas elas relacionadas cos beneficios da luz artificial, pero a imaxe que aompaña á iniciativa e o texto son mellorables.
Por unha banda a imaxe inclúe un número de luces bastante alto na superficie que se amosa na fotografía e, por outra, o texto é unha gran mentira. Primeiro de todo imaxinemos un lugar completamente escuro, parece complicado moverse por un lugar así, tanto para un delincuente como para unha posible vítima. E segundo, aquí vos deixamos un enlace que se atopa na biblioteca de Cel Fosc no que se demostra que a iluminación pública non inflúe na redución da criminalidade: The influence of street lighting on crime and fear of crime.
A través do mesmo foro que Salvador Bará, Alejandro Sánchez comparte a versión inglesa, onde dicían (xa non aparece igual) que: Solar street lights for a safer community. Adding solar street lights to refugee camps improves safety by reducing the risk of crime and sexual and gender-based violence (Luces solares na rúa para unha comunidade máis segura. Instalando luces solares para campos de refuxiados auméntase a seguridade, reducindo o risco de crime e violencia sexual). Case nada…
Tamén Alejandro fainos o favor de aclarar que a publicidade de Ikea pode estar moi equivocada:
One thought on “Ikea e a ¿seguridade?”