¿Unha boa nova? O Concello de Santiago fai e desfai…

Non estamos seguros de esta nova é boa ou simplemente un novo caso de despilfarro de cartos. Resulta que o Concello de Santiago de Compostela, segundo indica El Correo Gallego, contratará un inventario sobre a iluminación da cidade. Sen dúbida a priori é unha gran noticia, pero recordemos que en 2012 aprobouse unha ordenanza municipal moi criticada polos grupos que loitamos contra a contaminación lumínica. Así o recollimos no noso blog: Calidade do Ceo sobre a ordenanza municipal de Santiago de Compostela.

Non sabemos quen asesora sobre o tema ao goberno local, se sempre son os mesmos ou non, nin se o Concello por fin tomou conciencia e dende agora as cousas cambiarán a mellor. Esperemos que así sexa é que este sexa o principio dun montón de boas novas. Estaría ben seguir pola iluminación da fachada da Catedral, que se rumorea foi financiada por Endesa, pero non o sabemos con certeza nin fomos quen de corroboralo por agora. Pero aí queda a sospeita.

Foto dende As Cancelas. Foto de Rubén Alonso.
Foto dende As Cancelas. Foto de Rubén Alonso.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s