Un novo estudo conclúe que a contaminación lumínica provoca cambios no comportamento dos seres vivos: http://www.europapress.es/ciencia/habitat-y-clima/noticia-contaminacion-luminica-anula-ciclos-reproductivos-naturales-20140703101654.html
Os científicos que levaron a cabo esta investigación argumentan: “Plantexamos que a exposición crónica á contaminación lumínica podería afectar á función reprodutiva humana. O traballo nocturno e a luz artificial asócianse con irregularidades menstruais, disminución da fertilidade, abortos espontáneos e nacimentos prematuros. Pero isto é só unha hipótese e son necesarios estudos rigorosos”
En canto ao estudo cos lémures os resultados establecen que despois de só dúas semanas, o grupo sometido á contaminación lumínica tiña testículos considerablemente máis grandes e niveis máis altos de testosterona que o grupo control, que estaba sometido a unha luz de intensidade igual á da Lúa Chea.
Tamén a luz artificial propiciou que os lémures, animais nocturnos, acurtaran a súa actividade durante o periodo non diúrno.