1ª reunión científica da REECL

A Rede Española de Estudos sobre Contaminación Lumínica (REECL) reuniuse os días 20 e 21 de novembro na localidade de Cellers, Lleida, para compartir coñecementos e coordinar investigacións sobre a contaminación lumínica.

O anfitrión desta reunión foi o Parc Astronòmic Montsec e nela presentáronse os diferentes grupos de investigación pertencentes á rede e os seus traballos sobre contaminación lumínica. Tamén foron invitados grupos e persoas externas á rede que fan un traballo importante na loita contra a contaminación lumínica. Dúas sesións formativas e unha mesa redonda sobre as novas perspectivas de investigación completaron esta reunión, durante a cal houbo unha visita ao planetario e aos telescopios do Parc Astronòmic Montsec. Unha visita máis que recomendable para observar un ceo escuro, vilas moi ben alumadas e desfrutar da astronomía no medio dunha reserva Starlight.

Foto dos asistentes á 1ª reunión da REECL

Foto dos asistentes á 1ª reunión da REECL

As sesións formativas foros as seguintes:

  • “Efectos fisiolóxicos da luz artificial nocturna”. Coordinada por María Ángeles Bonmatí, do Laboratorio de Cronobioloxía da Universidade de Murcia.
  • “Efectos ecolóxicos e medioambientais da iluminación artificial nocturna: que podemos e que non podemos saber”. Coordinada por Joaquín Baixeras, do Instituto Cavanilles de Biodiversidade e Bioloxía Evolutiva da Universidade de Valencia.

Na primeira sesión María Ángeles explicou como no ollo hai un terceiro fotorreceptor, ademais dos coñecidos conos e bastóns, presenta na retina e que é o responsable de que incluso os invidentes sincronicen os seus ritmos biolóxicos ao día e á noite. Explicou tamén como a alteración destes ritmos biolóxicos poden provocar insomnio, obesidade e, incluso, favorecer a aparición de cancro.

Na outra sesión formativa, Joaquín explicou como a contaminación lumínica non só procede da luz visible para os seres humanos, xa que existen outros seres vivos que ven noutros rangos espectrais invisibles para nós (por exemplo o infravermello ou o ultravioleta). Tamén explicou, entre outras cousas, como a luz pode interferir nos diferentes seres poñendo como exemplo que unha bolboreta que vive un par de horas, tempo que debería ocupar en reproducirse, pode distraerse cunha luz e non cumprir a súa misión.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s