No concello galego de Vilaxoán de Arriba deciden apagar as luces para sempre #28dic2014

Din os vilaxoanenses darriba que eles non necesian da luz artificial para ver, que se bastan coa luz da Lúa e das estrelas. Ademais hai moitos que defenden que a noite non está para estar esperto. “De noite hai que durmir e non estar de troula por aí. Co Sol hai que traballar e xa hai tempo dabondo para festas”, comenta Ramón, un home de 67 anos canso das esmorgas dos máis xóvenes.

luminaria_apagada
Luz apagada na vila

O alcalde do concello di que a medida non só será boa para que a xente aproveite as horas de Sol dende moi cedo, ao non alongar as súas actividades durante a noite fóra da casa, senón que ademais o concello terá superávit en pouco máis de dous anos, xa que a luz é a factura máis cara que ten que pagar.

Preguntados pola seguridade, os lugareños defenden que ao coñecerse todos e confiar un nos outros ninguén terá a ousadía de saír na escuridade a facer mal a ningún veciño e que para casos de emerxencia farán uso de lanternas.

Ante esta peculiar iniciativa, decenas de astrónomos e biólogos están planeando viaxar a este concello do interior de Galicia para desfrutar de toda a beleza da noite: estrelas, mouchos, lucecús, ourizos… É tal a espectación que os hoteis de concellos veciños, coma Os Biosbardos, non teñen xa habitacións libres para os próximos tres meses.

Noutros campos do coñecemento, como a mediciña, antropoloxía, ciencias medioambientais e a economía, tamén hai expertos interesados en coñecer as repercusións desta iniciativa a longo prazo. ¿Mellorará a saúde da xente? ¿Como evolucionarán os seus costumes e como se adaptarán á nova situación? ¿Haberá na zona menos contaminación por gases e outros? ¿En que invertirá o concello os cartos que aforre? Moitos interrogantes para algo inédito.

inocentesPor suposto este artigo é unha broma polo día dos inocentes. Nunca ninguén que loite contra a contaminación lumínica enviará unha mensaxe que implique apagar as luces que fan que a nosa vida sexa de maior calidade, pero si as que non teñen ese obxectivo e a súa presenza é cuestionable. Pero moito do que dicimos nesta broma tamén é motivo de reflexión. Son cousas das que sempre falamos e sobre as que na sociedade en xeral existen prexuízos, como a seguridade mal entendida. A vida salvaxe nocturna, a saúde, a economía… son cousas das que sempre falamos a nas que a contaminación lumínica influe negativamente.

Sigamos alumando as nosas vidas, pero dun xeito responsable e con coherencia.

Advertisements

One thought on “No concello galego de Vilaxoán de Arriba deciden apagar as luces para sempre #28dic2014

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s