Un grupo de expertos internacionais, impulsado pola Junta de Andalucía, fixo público un comunicado advertindo do uso da luz branca con gran compoñente de luz azul.
Somos moitos os que vimos avisando dende hai tempo do perigoso que se está a volver a iluminación pública por mor dos cambios nel que está propiciando a tecnoloxía LED. Así, no documento adxunto a continuación, pódese ler que
Os dispositivos LED que emiten este tipo de luz son especialmente contaminantes, debido á súa elevada porcentaxe de radiación azul
A continuación mostramos outras cousas que se din no documento e no medio atoparedes enlaces no que se fala máis polo miúdo de cada tema:
Cabe destacar que multitude de especies cercanas á base da cadea trófica, como os insectos nocturnos (bolboretas ou lucecús, por exemplo), son máis sensibles á luz rica en tonos azuis. Da mesma maneira, o efecto da
iluminación artificial, sexa localizada ou difusa, pode resultar fatal para determinadas especies que recorren á escuridad total da noite e aos ceos estrelados para guiarse dende os lugares de cría hacia o océano (tartarugas mariñas ou pardelas). Valéndose de esta atracción das especies por determinado tipo de luz, as flotas comerciais utilizan luces potentes e localizadas para a captura de peixes e cefalópodos
É urxente ter en conta a ecoloxía da noite.
Actualmente dispoñemos de indicios científicos que sixiren que unha exposición excesiva á luz branca durante a noite xenera disrupción circadiana ou crono-disrupción; o que dificulta unha orde temporal interna correcta.
Os estudos epidemiolóxicos mostran que a crono-disrupción vai asociada a un incremento da incidencia do síndrome metabólico, enfermidades cardiovasculares, desordes cognitivos e emocionais, con avellentar prematuramente e algúns cancros coma o de mama, próstata e colorrectal, así como ao empeoramento de patoloxías preexistentes. Porlo tanto, a luz branca azulada non se pode considerar inocua.
Neste documento participaron investigadores da REECL.
One thought on “Comunicado da Junta de Andalucía sobre os efectos da luz branca”