Actividade anunciada en:
O 28 de abril de 2015 ás 17:30 comezará na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC) do Campus de Zapateira a segunda edición da actividade de Arquitectura con luz propia (aquí info sobre a primeira). As ponencias terán lugar no Salón de Actos, na planta 0 de acceso.
O programa xa é definitivo:
- Roberto Hermida representando a Asociación Drosera. Roberto é doutor en Bioloxía e traballa en proxectos de conservación de morcegos dentro do programa Morcegos de Galicia, que aglutina todas as iniciativas de conservación, divulgación e sensibilización que realiza a asociación sobre os morcegos.
- Miguel Ángel Rodríguez, director dende 2006 de Intervento, empresa fundada en 1993 adicada a museografía e iluminación. É licenciado en Física pola Universidade Complutense de Madrid e especializouse en iluminación realizando un posgrao na Politécnica de Catalunya e outro na ETSAM. Conta cun extenso currículo de proxectos de iluminación e é profesor da ETSAM e da Universidade de Alcalá de Henares.
- Víctor Tilve. Membro de Calidade do Ceo, doutorando en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela e membro da Rede Española de Estudos sobre Contaminación Lumínica.
- César Portela. Arquitecto galego que participou no comité científico da Declaración Starlight. Non está asegurada a súa presenza, pero si unha ponencia súa (gravada ou lida).
- Sergio París representando á Sociedade Galega de Ornitoloxía. Enxeñeiro técnico forestal, desenvolve o seu labor profesional no campo da consultoría ambiental e evaluación de impacto ambiental de proxectos. Secretario da SGO e coordinador nesta asociación de diversos programas de seguemento de aves. A SGO unifica dende 1999 os labores de conservación de aves en Galicia e coordina a celebración de diferentes proxectos e congresos, como a realización do Anuario de Aves de Galicia e o Congreso Galego de Ornitoloxía, de periodicidade trienal.
- Martin Pawley, membro da Xunta da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, asiste en representación da mesma. Martin Pawley, de profesión crítico, programador e productor de cinema, foi un dos organizadores da Mostra de Ciencia e Cinema da Coruña (2007-2011), coautor dunha “Guía do ceo” editada en 2009 pola editorial Le Pourquoi Pas e colabora dende hai anos no programa dirixido por Manuel Vicente “Efervescencia” da Radio Galega. A agrupación, fundada en 2002 participa anualmente na Hora del Planeta e na Semana da Ciencia de Coruña, ademais de pertencer á Federación de Asociaciones Astronómicas de España e a Cel Fosc, asociación contra a contaminación lumínica.
Reblogged this on Calidade do Ceo and commented:
O programa xa é definitivo