Calidade do Ceo Nocturno: divulgación de causas e consecuencias da contaminación lumínica en Galicia.

A continuación mostramos o resumo que enviamos ao comité científico do congreso ‘Contaminación lumínica: unha nova fronteira’ e que foi aceptado para participar cunha comunicación oral. Temos participado de maneira individual en diferentes congresos, tanto como público como con comunicacións en formato póster ou oral, pero sempre polo noso traballo de investigación. Por primeira vez imos participar polo noso traballo como divulgadores. Temos moitas ganas de que chegue o día da estrea.

English (orixinal)

Calidade do Ceo Nocturno é un grupo multidisciplinar galego de loita contra a contaminación lumínica formado por unha estudante de dereito, unha historiadora da arte e un matemático que nace no seo da Oficina de Desenvolvemento Sostible da Universidade de Santiago de Compostela no curso académico 2010-2011. Dende entón, o grupo realizou diferentes actividades na Universidade de Santiago de Compostela, na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña e no instituto Ramón Otero Pedrayo de A Coruña. Ademais de realizar un labor divulgativo máis constante nas redes sociais e no blogue calidadedoceo.wordpress.com.

Desde que o colectivo Calidade do Ceo Nocturno botou a andar, sucédense as colaboracións con empresas privadas, universidades, investigadores e asociacións de diferentes campos, cos que se organizan actividades rigorosas cientificamente, pero aptas para tódolos públicos e sempre de balde.
mparques eólicos

O grupo Calidade do Ceo Nocturno céntrase en tres obxectivos: 1) que as conclusións e os datos científicos cheguen nunha linguaxe clara e concisa a tódolos niveis da sociedade para que sexa esta a que promova cambios concretos e efectivos, 2) que os profesionais e especialistas en contaminación lumínica, e as súas mensaxes, non se promulguen só en foros científicos, 3) crear lazos e unir esforzos con grupos locais de distintas disciplinas interesados na loita contra a contaminación lumínica.

Nesta comunicación queremos compartir nosa experiencia cos asistentes e mostrar nosa maneira colaborativa, multidisciplinar e participativa de divulgación.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s