Pon o teu graíño na ciencia e pásao
Xa falamos nalgunha ocasión de Alejandro Sánchez (pmisson) e do seu proxecto de ciencia cidadá Cities at Night, no que podedes participar. Hoxe cómpre botarlle unha man tamén economicamente para que poida continuar a súa investigación.
Mosaico de Europa feito con imaxes de Cities at Night
Alejandro é xa un investigador recoñecido mundialmente e merece poder continuar co seu traballo. Xa comentamos o premio que lle deu a IDA e hai pouco a Unión Astronómica Internacional tamén se fixo eco do seu traballo, polo que non hai dúbida da súa valía.
Para que o estudo das casuas e consecuencias da contaminación lumínica non se deteña é preciso axudar economicamente, polo que existe unha campaña na Internet para este fin:
https://www.kickstarter.com/projects/1550160587/cities-at-night
Pódese axudar cunha cantidade tan pequena como de 2€, pero graíño a graíño o obxectivo estará máis preto.
A plataforma de recaudación cobra 10€ a maiores…
View original post 55 palabras máis