A International Dark-Sky Association vén de publicar os seus últimos artigos onde aparece un moi interesante sobre o uso de LEDs nas rúas. Esta tecnoloxía está sendo unha revolución na iluminación tanto exterior como interior. No exterior a súa instalación está masificándose, pero o seu uso, en xeral, dista moito de ser o correcto. Como resumo indicar as seguintes indicacións que son comúns a todos os expertos no tema:
- Limitación da temperatura de cor de iluminación LED para non máis de 3000 graos Kelvin (isto correspóndese cunha luz cálida, de cor amarela ou branca pálida. A partir desta temperatura a luz comeza a ser branca, ata chegar a azul)
- Instalar correctamente as carcasas nos equipos novos e garantir que a luz que chega ao chan é a necesaria
- Instalación de atenuadores, temporizadores e outros controis adaptativos que limitan a intensidade da iluminación e do número de horas que está acesa.
O artigo completo en inglés pode lerse aquí: Lessons from the Retrofit Revolution.
Máis información sobre os LEDs: https://calidadedoceo.wordpress.com/tag/led/