Medidas do brillo do ceo en Santiago (6 a 22/11/2016)

(Se é a primeria vez que les sobre isto é recomendable que visites a páxina Brillo do ceo nocturno)

Grazas a Ramón Iglesias, un colega polifacético membro do Clube de Astronomía Vega, astrónomo técnio no Observatorio Astrofísico de Javalambre (Teruel) e doutorando da Universidad La Laguna de Tenerife, tomamos todas estas medidas e estamos a facer outras nas contornas de Santiago e Ames.

Como pasou en Ames estas medidas son pouco claras por diversos motivos, así que a pesar de medir varias noites son poucas as que podemos aproveitar.

Comezamos coa zona das Cancelas. Durante estas noites houbo nubes e Lúa ao inicio da noite. O ceo máis escuro dá unha medida entre 19 e 19,5 magnitudes.

Tomáronse medidas tamén na Casa do Matadoiro, ubicada na Praza do Matadoiro de Santiago de Compostela. Coincidiron noites con Lúa chea, pero queda bastante claro que o ceo ten un máximo de escuridade de pouco máis que 19 magnitudes.

E por último nesta quedan o Centros Sociocultura do Castiñeiriño. Son os datos máis difíciles de interpretar. Hai que volver medir. Nas gráficas vese un salto de brillo que seguramente se deba a unha luz que se apaga sobre as 12 da noite. Despois deste salto houbo Lúa todas as noites, polo que non se pode concluír aínda como de escuro é o ceo aquí. Pero os datos son interesantes polo salto que hai, no que hai que afondar.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s