(Se é a primeria vez que les sobre isto é recomendable que visites a páxina Brillo do ceo nocturno)
Grazas a Ramón Iglesias, un colega polifacético membro do Clube de Astronomía Vega, astrónomo técnio no Observatorio Astrofísico de Javalambre (Teruel) e doutorando da Universidad La Laguna de Tenerife, tomamos todas estas medidas e estamos a facer outras nas contornas de Santiago e Ames.
A modo de resumo cabe indicar que haberá que repetir a meirande parte das medidas porque estas son moi cambiantes debido a noites con Lúa e nubes. Aínda así todas elas mostran datos de interese a aproveitables.
Medidas en Castelo, Ames. Medidas con Lúa brillante ao comezo da noite. As medidas teñen boa pinta, pero queremos repetir para ver se se repite unha noite como a do día 9 e poder corroborar que nesa parroquia gozan dun bo ceo.
Seguimos en Ames, pero agora en Trasmonte. As medidas son case todas con Lúa xa que esta saíu antes das 21 horas, pero vese perfectamente cando o seu brillo comeza a afectar as medidas. Antes de que a Lúa estivese moi alta hai medidas de máis de 20 magnitudes. Igualmente repetiremos medidas aquí, pero ten boa pinta tamén esta parroquia de Ames.
A Moniña, na parroquia de Biduído, tamén está en Ames e de tres noites que se tomaron medidas alí só saíu algo potable o día 23 de outubro (na gráfica a ñ aparece con nh por mor do programa co que se fai a gráfica, que non admite ñ). Hai que confirmar se esas medidas de magnitude baixa, é dicir, brillo de ceo alto, son porque a luz artificial reflicte nas nubes ou se hai outro motivo.
One thought on “Medidas do brillo do ceo en Ames (17 a 23/10/2016)”