Dende hai uns meses estamos levando a cabo a recompilación de medidas de brillo do ceo nocturno que se fixeron e se fan en Galicia pero que están esparexidas e publicadas en diferentes páxinas web e proxectos. Queremos que visitando un único lugar estea toda a información accesible, pero agora queremos tamén que esa información sexa interpretable con rigor, por iso tivemos a idea de calibrar todos os SQM da nosa comunidade.
O seguinte paso é saber cantos SQM hai en Galicia, que modelos son, se están nunha instalación fixa e se os seus donos están dispostos a participar nesta iniciativa. Quen estea interesado en participar pode enviarnos o seguinte formulario para que poidamos seguir xestionando a calibración de todos os fotómetros.
Os datos persoais aportados nesta solicitude serán tratados polo COLECTIVO EN TRANSICIÓN CALIDADE DO CEO NOCTURNO, con NIF G27820463, coa finalidade de dar cumprimento aos procedementos adoptados polo colectivo como garantía ao adecuado exercicio das súas competencias, para manter un rexistro a efectos de acreditación, para estudos estatísticos e para a reclamación e cobro de cotas. Pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Xunta Directiva do colectivo cun escrito firmado e copia do DNI. Esta información outorgase en cumprimento do artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.
One thought on “Formulario proxecto calibración SQM”