1ª xuntanza galega sobre contaminación luminosa

Este sábado 4 de febreiro terá lugar a 1ª xuntanza galega sobre contaminación luminosa en Matadoiro Compostela. Ademais do noso colectivo estarán presentes, atendendo ás inscricións feita a día de hoxe, as asociacións Astrovigo, A. Astronómica Sirio de Pontevedra, A. Astronómica Coruñesa Ío e Clube Vega de Santiago, así como os investigadores Salvador Bará, da USC, e Raul Lima, do Politécnico de Porto. Tamén contaremos con representación do Planetario da Coruña e da empresa Wireless Galicia, que mantén en Vigo un fotómetro SQM para medir a contaminación luminosa no centro da cidade.

galicia_iss2
Galicia dende o espazo

A importancia desta xuntanza, e polo que decidimos organizala e propoñela aos nosos colegas, radica na necesidade de unir esforzos e coñecementos para chegar á xente e ás persoas con capacidade de decisión para mudar o mapa luminoso de Galicia. Contamos ademais coa presenza  de Raul, investigador portugués co que intercambiaremos experiencias e trataremos os problemas da fronteira para abordar solucións conxuntas.

Na xuntanza falaremos dos fotómetros SQM, da experiencia acumulada na loita contra a contaminación luminosa de todos os participantes e plantexaremos accións comúns para que no futuro a mensaxe de que iluminar ben é posible e beneficioso chegue máis claro e con máis forza a todo o mundo.

One thought on “1ª xuntanza galega sobre contaminación luminosa

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s