Repensando a noite entre todos pola posta en valor do patrimonio nocturno galego-portugués

O pasado mes de febreiro tivo lugar un fito moi importante para Calidade do Ceo e tamén para a defensa do patrimonio nocturno.

No convencemento en que os cambios importantes suceden cando a sociedade se xunta e traballa nunha mesma dirección para conseguir os seus obxectivos; convocamos en Santiago de Compostela a diferentes persoas e colectivos de Galicia e Portugal implicados coa problemática da contaminación luminosa, a conservación medioambiental e a astronomía.

A I Xuntanza sobre Contaminación Luminosa, tivo lugar no edificio do Matadoiro de Santiago de Compostela e reuniu a 21 persoas de diferentes asociacións (astronómicas e ambientais), empresas, divulgadores científicos e investigadores de diferentes universidades de Galicia e Portugal. Todos unidos por unha causa común: a protección e posta en valor do patrimonio nocturno galego (tan fermoso como heteroxéneo).

Froito de esa Xuntanza naceu Calidade da Noite, o foro galego-portugués polo fomento do patrimonio cultural e ambiental nocturno. O obxectivo deste foro é facer unha reflexión sobre cómo é a nosa noite en todas as suas dimensións (astronómica, cultural, biolóxica, económica e social), cómo debería ser e trazar unha estratexia conxunta para espallar a mensaxe aos diferentes actores da sociedade.

Queremos unha noite que sexa noite, sen renunciar á luz artificial, mais mantendo a luz natural dos astros…que nos guía,  que equilibra o noso reloxo biolóxico, que ilumina a vida das especies animais nocturnas, que nos conecta cos nosos antepasados e coa nosa orixe cósmica…ao fin todos somos po de estrelas.

Queremos unha paisaxe nocturna amigable, con luz artificial sí, pero amarela e iluminando o noso camiño entre rúas, mais nunca o ceo. Queremos unha noite que non consuma máis enerxía da que necesitamos, que co que se aforre iluminando ben se invirta no fomento noso benestar social, natural e cultural.

tumblr_lgt4piv3no1qcza3lo1_500.jpg

Por todo iso, redatamos un manifesto que ratifica a Declaración Institucional en Defensa do Ceo Nocturno aprobada polo Parlamento de Galiza no 2015 e inclúe as cuestións chave de como iluminar eficientemente para conseguir os propósitos arriba indicados.

E a ti?, gustaríache unha noite como a que nos queremos? Se estás de acordo, entra na páxina www.calidadedanoite.wordpress.com e asina o manifesto, que non é noso, é de todos!.

Ver: La Hora del Planeta. Que las farolas no nos impidan ver las estrellas. Alberto Pereiras. El Asombrario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s