(Se é a primeria vez que les sobre isto é recomendable que visites a páxina Brillo do ceo nocturno)
Dende o día 6 ata o 18 de maio a Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra instalou o noso SQM no Observatorio Astronómico de Cotobade (Pontevedra) que eles xestionan. Publicamos só as noites sen Lúa e máis estables en canto a meteoroloxía. Os resultados, como cabe esperar nun lugar adicado á observación astronómica, son bos. O reto está en manter este espazo e espallar a calidade do ceo máis alá do observatorio.
Moitas grazas á Asociación Calidade do Ceo Nocturno (e, en especial, o seu Presidente) por deixarnos o seu fotómetro SQM para medir durante 14 días no Observatorio Astronómico de Cotobade, que xestionamos dende a Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra (AASPO), e polo traballo de interpretación e análise dos resultados que presentan neste post. ¡Mágoa que só sexan válidos os datos de 3 desas noites por mor da Lúa e o mal tempo! Esperemos que podamos seguir colaborando as dúas asociacións en máis actividades e actuacións en prol dunha mellor calidade do ceo nocturno en Pontevedra.
Emilio (AASPO)