(Se é a primeria vez que les sobre isto é recomendable que visites a páxina Brillo do ceo nocturno)
As medidas publicadas hoxe de Ames, concretamente en Castelo, levan tempo feitas e estudadas, pero quedaron pendentes de publicación sen nos decatar. Estas completan outras medidas feitas antes e publicadas o ano pasado: Medidas do brillo do ceo en Ames (17 a 23/10/2016)
Confirmamos pois que o ceo nocturno en Castelo ten moi boa calidade cando está despexado.
Pola contra, noutras medidas feitas en Pontevedra (máis medidas en Medidas do brillo do ceo en Pontevedra (18-25/06/2017)), no espazo de coworking Arroelo, confirmamos que a cidade sofre moita contaminación luminosa, sobre todo nas noites nubradas nas que a luz reflicte nas nubes. A pesar de medir dende un lugar no que parte do horizonte estaba tapado polo edificio onde se instalou o SQM hai medidas sen Lúa de ata 16 magnitudes, o que é moito brillo.