Temos no noso dicionario o termo avelaíño mais en feminino ten unha acepción que nos interesa moito para o noso traballo.

Avalíña, velairiña ou matacandís:
Bolboreta nocturna da suborde dos heteróceros, de corpo arredondado e piloso, ás longas e estreitas, voo rápido e da que existen diversas especies.
A influencia da luz nos insectos é tal que hasta no dicionario da Real Academia Galega aparecen os seguintes exemplos de uso:
Dúas avelaíñas voaban sen cesar arredor do farol.
Arredor do farol había varios matacandís.
Cómpre ter en conta a vida nocturna para decidir como iluminar a noite, senón animais coma este ou os vagalumes (lucecús) acabarán desaparecendo e con eles estas belas palabras da nosa lingua.