Medidas do brillo do ceo en Tamallancos, Ourense (23/02-05/03/2018)

(Se é a primeria vez que les sobre isto é recomendable que visites a páxina Brillo do ceo nocturno)

Ás veces hai que aproveitar o tempo que se ten e estas medidas son un exemplo diso, xa que se fixeron maiormente durante noites con presenza de Lúa chea todo tempo, mais hai datos de proveito e que nos din que en Tamallancos, en Ourense, hai un ceo predominantemente escuro, mais rodeado de contaminación luminosa apreciable cando hai nubosidade. Así o demostran as gráficas nas que hai que fixarse nas horas nas que non hai Lúa ou está moi baixa (segunda metade da noite) para ver que do 23 ao 26 de febreiro con ceos predominantemente despexados, cando o satélite está baixo ou non está chégase a medir ata 21 magnitudes, o que indica un ceo escuro. Mentres que o 3, 4 e 5 de marzo, con ceos predominantemente cubertos e algunha choiva intensa, xa se ve na primeira metade da noite, antes da saída da Lúa, medidas de 19 magnitudes, que indican un ceo máis brillante debido ao reflexo da luz nas nubes.

O SQM instalouse ao norte do núcleo de Tamallancos, que está a 16 km ao norte da cidade de Ourense, e a xulgar por estas medidas o lugar goza dunha boa saúde en termos de escuridade do ceo, mais habería que atender a ese brillo que aparece coa presenza de nubes.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s