Noite de Maxia e Estrelas 30/08/19 Monte do Vixiador

A nosa filosofía lévanos a traballar en moitas ocasións en colaboración con diferentes asociacións de índole diverso.

Como sabedes, consideramos que as problemáticas que atinxen á sociedade están vencelladas entre sí e ao traballar en cooperación xorden sinerxias maravillosas e moi positivas que axundan con creces, a facer do noso mundo un lugar mellor.

Nesta ocasión, voltamos ás nosas actividades divulgativas da man da Asociación Aulas Abiertas  , un proxecto de extraordinario valor que vela pola protección da infancia na rexión de Cajamarca (Perú). No país andino ata un 60% dos nenos sufre de desnutrición ou anemia o que fai que os poucos que poden acceder á educación lles coste rendir nos estudos debido ás suas carencias alimentarias.

Este fito fixo que A Asociación Aulas Abiertas abrise unha rede de comedores escolares que dan cobertura a unha boa parte do nenos da comarca.

61254521_2403185303079482_5469922704389832704_n

Voltamos a nosa actividade, este venres 30 de agosto para finalizar o verán colaborando con esta gran causa. A actividade terá lugar no Parque Forestal do Vixiador (Vigo), no que se realizará un picnic familiar con amenización de maxia, da man do Mago, Jorge Lorenzo. Para rematar a noite faremos unha pequena andaina cara o Campo de Fútbol do Vixiador, onde terá lugar o noso obradoiro de contaminación luminosa e unha observación astronómica da man, coma de costume, da Agrupación Astronómica Rías Baixas .

Nesta ocasión as prazas eran limitadas e se esgotaron ao pouquiño de anuncialo, polo que esperamos poder repetilo noutra ocasión.

Mais o que realmente esperamos é, que ao remate da xornada , os 80 asistentes volten ás suas casas coa mirada posta no ceo, o mesmo que nos une coa rexión andina de Cajamarca e cos seus nenos e o mesmo que debemos protexer para non perder o noso legado natural e cultural, do que eles aínda poden presumir.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s