O mércores 18 de marzo estaremos a partir das 18:00 na aula 3B da Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Vigo falando de causas e consecuencias da contaminación luminosa e de iluminación nocturna.
A actividade terá diferentes partes: unha sobre as características propias da iluminación articial, repasaremos os conceptos que hai que coñecer para profundizar nos diferentes tipos de luz e as súas características e veremos exemplos; outra parte estará centrada en diferentes xogos nos que dun xeito razonado e construtivo veremos as causas e consecuencias da contaminación luminosa e, por último, abriremos un ou máis debates sobre casos reais de iluminación nocturna.
Será unha tarde divertida xa que preparamos unha actividade moi participativa e trataremos de non deixar dúbidas sobre esta problemática que é moi doada de combater, pero que non se está a facer o correcto, en termos xerais, para eliminala.
Todos sodes benvidos, xente da escola e de fóra. Agardámosvos!