(Se é a primeria vez que les sobre isto é recomendable que visites a páxina Brillo do ceo nocturno)
Volvemos medir o brillo do ceo nocturno na Escola Oficial de Vigo tres anos despois (aquí medidas de 2017) cuns resultados moi similares. Hai unha lixeira diferencia entre uns e outros, mais non podemos saber a que se deben ser ter unhas medidas máis continuadas. En principio, como indican algúns investigadores consultados, o máis probable é que esteamos ante cambios en parámetros atmosféricos distintos de nubosidade visible.
As primeiras noites foron despexadas e as medidas marcan un brillo do ceo entre 18 e 18,5 magnitudes, o que significa un ceo brillante. Como mencionamos hai tres anos, é máis brillo do esperado nesta zona alta da cidade que ten moita presenza de casas dispersas e máis espazo sen urbanizar. A última noite de medidas publicadas foi a primeira noite anubrada (as seguintes non se publican xa) e podemos observar como o brillo aumenta moito debido a que a luz reflicte nas nubes (menos magnitudes é equivalente a máis brillo).
A continuación a gráfica que compara as medidas destes días de 2020 coas medidas de 2017.