Medidas do brillo do ceo no IES Maximino Romero de Lema, Baio (Zas) (13/12/2021-12/01/2022)

(Se é a primeria vez que les sobre isto é recomendable que visites a páxina Brillo do ceo nocturno)

Medimos o brillo do ceo en Baio, Zas (A Coruña), nun dos concellos pertencente á Costa da Morte, que este ano vai tentar conseguir a certifiación Destino Turístico Starlight. Concretamente instalamos o medidor SQM no instituto Maximino Romero de Lema que se atopa nun lugar apartado libre de obstáculos e luces directas.

Algunhas noites tiveron Lúa e alternáronse períodos nubosos con totalmente despexados. Como se mostra nas seguintes gráficas nas noites con nubes o brillo aumenta pola luz da contorna, mentres que nas noites máis estables o ceo achégase a medidas de escuridade boas.

A seguinte gráfica mostra as medidas feitas durante o período do 12 de decembro de 2021 ata o 12 de xaneiro de 2022 onde o brillo da Lúa era inferior o 15%, a súa altura menor de 15º e o Sol xa non emitía brillo ningún. Así obtivéronse máis de 900 medidas que se acumulan no intervalo de ceo escuro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s