A contaminación luminosa nun fotograma

Dende hai moitos anos usamos un fotograma dun capítulo dos Simpson para falar de contaminación luminosa. Esta instantánea de Lisa observando Springfield mostra as causas e consecuencias da contaminación luminosa practicamente na súa totalidade. Fixándonos un pouco e reflexionando sobre todos os elementos da imaxe podemos facer unha rápida andaina por este tipo de contaminación. Adiante:

  • En primeiro lugar temos o ceo nocturno totalmente alaranxado (hoxe, coa tecnoloxía LED branca, o ceo é branco). Iso implica a desaparición do ceo estrelado con consecuencias evidentes sobre a Astronomía, mais tamén sobre o papel de inspiración que ten o ceo sobre a arte e a cultura.
  • O consumo de electricidade hai que pagalo. Boa parte dos orzamentos municipais son para pagar a iluminación pública. O exceso de consumo provoca, polo tanto, o malgasto de cartos.
  • A luz artificial só é posible xenerando enerxía e consumindo recursos. O mesmo ten queimar carbón, gas, unha central nuclear ou enerxías renovables; se iluminamos máis provocamos unha maior demanda de enerxía evitable que deriva en contaminación atmosférica ou en instalacións masivas de aeroxeneradores, paneis fotovoltaicos, etc.
  • E por último a contorna. A contaminación luminosa non é un problema local, é un problema que se extende quilómetros dende o punto de luz que xenera a contaminación, afectando a toda clase de seres vivos de xeito negativo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s