Arquitectura con luz propia

Qué é?

Arquitectura con luz propia quere ser un lugar onde os arquitectos profesionais e en formación podan discutir e aprender sobre o que se empeza a chamar cultura da luz e sobre a responsabilidade para con ela, que sen dúbida, constitúe un tema non o suficientemente debatido nin estimado.

Quen o promove?

A actividade a promoven a Asociación Xuvenil Perspectivas  e Calidade do Ceo  co obxectivo de facer fincapé no dito no apartado anterior e acercar á comunidade da Arquitectura os recursos e os problemas que existen na actualidade para alumar de forma correcta, así como a importancia de facelo alén estética.

O obxectivo principal é…

…fomentar o desenvolvemento dunha cultura da luz responsable coa natureza, a sociedade e coa paisaxe na que vivimos.

Edicións de Arquitectura con luz propia

2014

2017
ACLP2017

2015