Unha dúbida común na nosa lingua é se usar lumínica ou luminosa para referirse á contaminación. No dicionario da Real Academia Galega aparece a palabra luminoso, pero non lumínico. Consultamos á RAG e esta é a resposta que nos enviaron:
A forma “lumínico” non se encontra entre o léxico referendado pola
normativa, o cal non indica necesariamente que sexa incorrecto ou que non se engada nun futuro.
Noutras linguas, onde si se recolle, o seu sentido difire do de “luminoso”, xa que este último aplícase para o que ten luz ou mesmo moita luz, mentres que “lumínico” é relativo á luz e é o termo utilizado ao falar da contaminación deste tipo, que non aparece rexistrada como “contaminación luminosa”, senón como “contaminación lumínica”.En calquera caso, propoñeremos esta forma para a súa valoración e posible inclusión.