Hai diferentes formas de medir o brillo do ceo nocturno. Algunhas profesionais, como a fotometría, unha técnica moi usada en astronomía, e outras moi sinxelas como o conteo de estrelas (ver proxecto GaN).
A aparición dun pequeno instrumento chamado Sky Quality Meter (SQM), en galego algo así como medidor da calidade do ceo, moi doado de usar e de instalar, favoreceu a unificación e obxectividade das medidas de brillo do ceo. Hoxe é moi común e hai diferentes instalacións fixas que contan cun destes aparellos e que dan información tódolos días, como por exemplo:
- Rede de SQM da REECL: https://guaix.fis.ucm.es/splpr/SQM-REECL
- Rede Galega: http://www.meteogalicia.es/Caire/brillodoceo.action?request_locale=gl
Para entender os datos que dá o SQM é importante recordar a definición de magnitude (nós explicámolo aquí). O máis importante é entender que canto menor é a magnitude que mide o SQM, maior é o brillo do ceo (Profundizando nas magnitudes). Para entender o conteo de estrelas é necesario coñecer o concepto de magnitude límite (Limiting Magnitude en inglés), que non é outra cousa que a magnitude da estrela máis débil que un observador logra ver. Polo tanto, canto maior sexa a magnitude límite observada máis escuro é o ceo, xa que as estrelas de máis magnitude son as que menos brillan.
É importante ter en conta os seguintes puntos á hora de interpretar os resultados (tanto dos SQM como do conteo de estrelas), tamén cando estes son de diferentes noites pero nos mesmos lugares:
- A nubosidade nun lugar con contaminación luminosa aumenta o brillo do ceo porque a luz reflicte nas nubes. Mentres que nun lugar sen contaminación o brillo diminúe xa que as nubes tapan o brillo natural do ceo procedente das estrelas e outros corpos celestes.
- A altura e a fase da Lúa inflúen directamente nos resultados.
- A actividade humana pode verse reflexada nos datos, xa sexa por luces das casas, de automóbiles ou outras luces artificiais que non están acesas toda a noite.
Sobre as gráficas que mostran os resultados obtidos cos SQM:
- No eixo X, o horizontal, están postas as horas en formato universal. En España temos en inverno unha hora máis que a universal e en verán dúas máis.
- No eixo Y, o vertical, aparecen os valores en magnitudes, é dicir, o brillo do ceo.
- Ademais indicánse a data e o lugar onde se mediu.
No seguinte mapa recompilamos as diferentes medidas que se fixeron en Galicia do brillo do ceo con SQM e por conteo de estrelas, así como fotografías de diferentes lugares. Cada proxecto ten unha capa diferente no mapa, co cal podes escoller o que mais che interese (non nos facemos responsables dos topónimos usados por Google):
Publicacións dos resultados obtidos co SQM por parte de Calidade do Ceo Nocturno (do máis novo ao máis vello):
- Medidas do brillo do ceo nocturno en Navia de Suarna, Lugo (abril-xuño 2022)
- Obxectivo: Destino Turístico Starlight Costa da Morte. Medidas do brillo do ceo en Rebordelo, Soesto e Piosa (maio-abril de 2022)
- Medidas do brillo do ceo no IES Fernando Blanco en Cee (19/01-21/03-2022)
- Medidas de brillo do ceo en Taboada, Lugo (23-25/01/2022)
- Medidas do brillo do ceo no IES Maximino Romero de Lema, Baio (Zas) (13/12/2021-12/01/2022)
- Medidas do brillo do ceo en Paradela, Ponte Caldelas (01/09 – 26/11/2021) (@AASirio)
- Medidas do brillo do ceo no IES Espiñeira, Boiro (23-27/10/2020)
- Medidas do brillo do ceo en Santa Cruz, Oleiros (14-23/08/2020)
- Medidas de brillo do ceo en Bueu, Pontevedra (12/09-09/10/2020)
- Medidas do brillo do ceo na EOI de Vigo (21-24/02/2020)
Escola Oficial de Idiomas de Vigo en 2017 e 2020. - Medidas do brillo do ceo na contorna de Ribeira (19-21/02/2020)
- Medidas do brillo do ceo en Tamallancos, Ourense (23/02-05/03/2018)
- Medidas do brillo do ceo no IES Castelao de Vigo (07-20/02/2018)
- Medidas de brillo do ceo en Trellerma, Toén (Ourense) (17-23/01/2018)
- Medidas de brillo de ceo en San Adrián de Cobres, Vilaboa (Pontevedra) (19-22/12/2017).
- Medidas en Broullón, Moaña (22-27/11/2017)
Comparación de ceos: Bueu, Vigo e Pontevedra. - Medidas en Ames (26-29/12/2016) e Pontevedra (26-29/06/2017)
- Medidas do brillo do ceo en Pontevedra (18-25/06/2017)
- Medidas do brillo do ceo no Observatorio Astronómico de Cotobade (16,17,18/05/2017)
- Medidas do brillo do ceo na EOI de Vigo (20 a 23/04/2017)
- Medidas do brillo do ceo en Patos, Nigrán (7,8,9/03/2017)
- Medidas do brillo do ceo en Vedra (26,27,28/11/2016)
- Comparación de ceos: Bueu, Vigo e Castrelo de Miño.
- Medidas do brillo do ceo en Ames (17 a 23/10/2016)
- Medidas do brillo do ceo en Santiago (6 a 22/11/2016)
- Medidas de brillo do ceo en Castrelo de Miño (08/10/2016)
- Medidas do brillo do ceo en Vigo (22/09/2016)
- Medidas do ceo en Bueu (04/09/2016)