Esta sección está coordinada polo socio Daniel Ríos. O catálogo consta de fotografías nocturnas de diferentes lugares de Galicia onde se identifican diferentes focos de contaminación luminosa.
As fotografías que se mostran aquí son unha proba visual e moi rápida da cantidade de luz que enviamos cara o ceo provocando problemas de saúde, medioambientais, de seguridade, entre outros.
Agradecemos dende aquí a todas as persoas que deixaron as súas fotografías para este catálogo desinteresadamente, co único fin de denunciar a contaminación luminosa.
Todas as fotografías se irán poñendo (estamos traballando nisto) no seguinte mapa de contaminación luminosa de Galicia (non nos facemos responsables dos topónimos usados por Google):
Outros artigos da bitácora con fotografías de interese: