Faite socio!

Dende o verán de 2015 xa somos oficialmente unha asociación sen ánimo de lucro, de nome COLECTIVO EN TRANSICIÓN CALIDADE DO CEO NOCTURNO, cunha estrutura de socios e uns obxectivos definidos nos nosos estatutos.

O 3 de setembro de 2015 acórdase en xunta extraordinaria o seguinte sobre a inscrición como socio ao colectivo:

  1. A cota anual para as persoas físicas será de 12€ e para as xurídicas de 25€
    1. Acorde cos estatutos a cota xuvenil (15, 16 e 17 anos) queda establecida no 20% da cota numeraria, polo que se establece neste caso en 2,40€
    2. As persoas de 14 anos ou menos están exentas do pago de cotas, de voz e de voto, pero poden asociarse co consentimento dos pais ou titores legais.
  2. Será necesario presentar unha copia do DNI do interesado e dos seus representantes legais se son menores.
  3. Ademais do correspondente recibo de pago da cota, tódolos socios recibirán unha acreditación da súa condición de asociado por correo electrónico.

Pasos necesarios para facerse socio:

  • Consultar os estatutos:estatutos Calidade do Ceo Nocturno.
  • Encher a folla de inscrición: solicitude de alta de socios. (versión en LibreOffice: inscricion).

    Formulario en liña

  • Enviar a solicitude de ingreso por correo electrónico a calidadedoceo@gmail.com ou por correo postal a un enderezo que nos tes que pedir.
  • Pagar a cota do xeito seleccionado. Se queres facer ti o ingreso e non que o carguemos nós á túa conta debes enviarnos un xustificante do ingreso. Este é o noso número de conta en ‘la Caixa’ (pódese ingresar gratuitamente nun caixeiro automático): ES77 0133 5772 7642 0000 4578

E como somos da xeración Xabarín, non podemos deixar pasar esta oportunidade para honrar a un dos mellores programas que existiron na historia da televisión e usar unha canción desta gran idea da TVG para convencerche de que te unas a nós: