IACO

IACO
Investigación y Acción sobre el Cielo Oscuro

En febreiro de 2012 o noso grupo recibiu un correo no que a iniciativa IACO, promovida pola Sociedad Malagueña de Astronomía, pediulle a un membro de Calidade Do Ceo Nocturno que actuase como coordinador do proxecto IACO na provincia de A Coruña. Todo o grupo recolleu a nova con entusiasmo, tanto, que nos ofrecimos para coordinar tamén a provincia de Pontevedra e a organización de IACO aceptou. Así que, finalmente,  dous dos nosos nomes  figuran entre os coordinadores, pero é todo o grupo o que asume con gusto esta nova tarefa. No momento en que aceptamos este novo rol na nosa loita contra a contaminación lumínica somos os únicos en Galicia que forman parte da coordinación deste proxecto nacional. O noso primeiro obxectivo é conseguir que en toda Galicia se fagan o maior número posible de medicións para facer un bo mapa de medidas. Aproveitaremos esta oportunidade para darlle un pulo ás nosas actividades grazas ao respaldo que dá unha iniciativa nacional e tamén aproveitaremos tódalas nosas ideas para dar a coñecer a iniciativa IACO. Con esforzo e ganas esperamos conseguir que asociacións, insitutos, universidades e particulares tomen parte deste gran proxecto tanto con nós coma de forma individual. Na páxina de IACO está toda a información necesaria para participar para quen queira facelo de forma individual. Pero quen queira facer algunha actividade con nós relativa a este proxecto ou participar nalgunha actividade que organicemos xa sabe onde atoparnos: calidadedoceo@gmail.com.           PARTICIPA!!!!

Advertisements

4 thoughts on “IACO

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s