Onde estás, Andrómeda?

ondeEstasAndromedaOnde estás, Andrómeda? é un conto co que nace unha bonita iniciativa de concienciación sobre as causas e consecuencias da contaminación luminosa, presentado en Galicia o día 12 de decembro tanto na Coruña como en Santiago.

Non hai mellor forma de cambiar as cousas para mellor que ensinando e divertíndose á vez e facelo co futuro da nosa sociedade. Con todo o material didáctico que ten preparado o equipo de Onde estás, Andrómedaos nenos aprenderán que unha iluminación eficiente, que respecte os entornos naturais e saudable é posible, e faranno debuxando, lendo e xogando.

Ademais todo o material está editado en catalán, galego, español e inglés. Perfecto para pais e tamén para mestres.

Máis información na páxina do proxecto: http://dondeestasandromeda.com/